OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL ( OIX) Responsable: María Isabel Sánchez Montenegro
O obxectivo principal da Oficina Municipal de Información
Xuvenil do Concello de Monforte de Lemos é dar resposta á
mocidade, tanto de información como de asesoramento, tramitación
de carnés e organización de actividades, charlas, certames ....
entre outras.
Os temas que habitualmente trata esta oficina podémolos resumir
da seguinte maneira:
1.- Xestión da Información sobre dos seguintes temas:
- Educativos ( bolsas de estudo, cursos, matrículas,
centros de ensino, información de diferentes carreiras e
profesións ....).
- Axudas e Subvencións.
- Premios e Concursos.
- Traballo ( emprego público e privado, bolsas de
traballo, oposicións ....)
- Tempo libre ( campamentos de verán, campos de traballo,
viaxes, deportes, rotas....).
- Temas Internacionais ( programas europeos,
intercambios....).
- Temas Culturais ( exposicións, teatro, música, cine,
concertos, charlas, congresos ....)
- Temas Sociais e Saúde ( racismo, sexualidade, bulimia,
anorexia, drogas.....)
- Voluntariado e Cooperación.
- Ou calquera tema que interese ou afecte aos mozos/as que
acuden á Oficina.
- Asemade, e dende a OIX, facilítanse libros de consultas,
guías xerais de albergues, hoteis, camping, rueiros ....
2- Tramitación de distintos carnés:
- Carné Xove: Información e tramitación do mesmo.
- Carné Universitario: Información e tramitación do
mesmo.
- Carné Máis: Información do mesmo.
3- Tramitación de distintos programas ou actividades
programadas pola Consellaría de Familia, Xuventude e
Voluntariado, como son:
- Distintos Programas dependendo da oferta: Por exemplo,
neste momento informaríamos sobre dos programas Coñece
Galicia, Coñece España, Xuventude
Galicia net ... entre outros
- Campamentos de Verán e Campos de traballo: ademáis de
informar, tramitamos a documentación dos interesados en
participar nos mesmos.
4- Organización de actividades, charlas, cursos ....., os
cales, unha vez programados, son publicados nos medios para a súa
difusión, co fin de informar a todos aqueles interesados en
participar.
Para finalizar, desexaríamos sinalar que, como ben indica o nome
Oficina de Información Xuvenil, esta é unha oficina
cuxo obxectivo, ademáis de programar e organizar actividades,
cursos, conferencias ...., é informar aos xoves que acuden á
mesma, querendo deixar constancia de que informar non é entregar
folletos ou transmitir unha información xeral, senón adecuar
cada información á demanda.
Unha xuventude ben informada e ben organizada fan desta unha
sociedade máis xusta e avanzada.
Dirección e Contacto:
Casa do Concello
Horario: 8 h. a 15h
Teléfono 982 40 25 01 (ext. 263) | Fax 982 40 48 12 |
|