Área de Servizo para Autocaravanas O Concello de Monforte de Lemos conta cun Área de Servicio para Autocaravanas totalmente gratuíta e localizada nunha explanada de 2.100 m2, situada á beira do río Cabe e xunto ó Edificio Multiusos.
A área de servicio está moi próxima ó centro urbano, instalada nunha zona agradable e tranquila, a carón do paseo fluvial e cunha boa calidade paisaxística
A citada área está perfectamente delimitada por un peche perimetral, dispón dos servicios básicos para este tipo de infraestruturas e, nas súas proximidades, atópanse todo tipo de servicios: gasolineira, supermercados, bares, restaurantes, tendas, proximidade de medios de transporte público (estacións de autobuses e de ferrocarril), etc...
As características da área son:
Capacidade para 40 prazas, dotación de auga potable, vaciado de augas grises e augas negras, zona de picnic, pernocta durante 48 horas, e plano xigante do casco urbano coa localización dos lugares de interese e dos diferentes monumentos.
A situación da área está sinalizada nas diferentes entradas á cidade e a vixiancia da mesma corre a cargo da policía local.
|