Monforte de Lemos... Capital da Ribeira SacraMonforte de Lemos... Capital da Ribeira Sacra  
 


  Centro Comercial Urbano Monforte

  Centro do Viño da Ribeira Sacra

  Estudio Socioeconómico...

  Residencia do Morín

  Banco de Tempo de Monforte de Lemos

  Servizo para atopar a Emigrantes e Familias

  Asociación de profesionais de Turismo Rural

  Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

  Plataforma Autocaravanas Autónoma


 
DEPARTAMENTOS » Obras » Humanizar a Cidade
Humanizar a Cidade Obras realizadas no ano 2004
 

Humanizar a Cidade

Responsable: Xosé Manuel Pavón González

Pensar, deseñar e crear un entorno á medida das persoas, constitúe, nos tempos actuais, unha obrigación de calquera equipa de goberno local. Facer de Monforte un lugar onde os seus habitantes vivan con comodidade e poidan relacionarse e desenvolver o seu traballo é unha aposta decidida deste goberno municipal.

O Plano de Humanización da cidade de Monforte está en pleno desenvolvemento, e logrou xa que determinadas zonas cumpran con estes parámetros de calidade de vida.

ANTES...
Pulsa para ampliar
O entorno do cemiterio foi a primeira actuación levada a cabo no ano 2004. Este lugar con fonda significación para tódolos monfortinos que co tempo convertérase nun espazo totalmente degradado e agora unha alameda que dignifica o camposanto. O ordenamento dos aparcadoiros, a recuperación dos espacios verdes, a eliminación do tráfico incontrolado e dos verquidos industriais, modificou o aspecto do entorno como pode apreciarse nestas fotografías de antes e despois da reforma. DESPOIS...
Pulsa para ampliar


ANTES...
Pulsa para ampliar
O Barrio de Cobas. A miúdo esquécese que as cidades non están conformadas só polas rúas do centro, os barrios son tamén unha parte moi importante da cidade, por ese motivo o barrio de Cobas, cunha poboación composta na súa maioría por xoves familias con fillos, foi obxecto dunha remodelación que cambiou totalmente o seu aspecto. DESPOIS...
Pulsa para ampliar


ANTES...
Pulsa para ampliar
A Avenida de Galicia e a rúa Roberto Bahamonde forman parte do núcleo central da cidade e do que hoxe chamamos Centro Comercial Urbán. O obxectivo desta actuación, que ainda está no seu inicio, e conformar unha zona que convide ó paseo e ó desfrute do centro da cidade, potenciando así o comercio local, un dos pilares da nosa economía. DESPOIS...
Pulsa para ampliar



 
 
en Galego...  en Castellano...  English...
 
Cómo Chegar
 
Mapa Concello
 
Rueiro
 
Guía Local
 
 
Actualidade: Día a Día
 
Actualidade: Axenda Cultural
 
Actualidade: Axenda Deportiva
 
Monforte en imaxes...
 
Perfil do Contratante
 
Actualidade: Convocatorias e Prazos
 
 
     
        aviso legal    |     info@concellodemonforte.com     |     Documentación e Desenrolo: Rural Consulting S.L.   |    Programación: @inet Consulting S.L.